RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí: "Ese gol métenos onde todos queremos"

José Luis Martí manifestou en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR que este triunfo permite "o que verdadeiramente estabamos a desexar todos, crer en que todo é posible. E a mellor maneira de crer é esta".

Aínda que o técnico deportivista lembra que "só gañou 3 puntos, temos moi claro que o aspecto moral para os xogadores e a afección é diferente. Pero mirando a clasificación estamos a 3 puntos e aínda temos que ir a Elxe a conseguir 3 puntos máis".

Eloxiou o lanzamento do penalti de Carlos Fernández, cun disparo "seco, duro, sen ningún tipo de nervios, confiando nas súas posibilidades, botándose o equipo ás costas, e celebrando ese gol como o que nos mete onde todos queremos".

Pide agora "a todos os deportivistas gozar disto, que era moi importante, e máis como se sufriu. E a partir de mañá pensar no Elche, empezar a traballar toda a semana pensando que imos ter un partido moi complicado ante un rival que nos vai a poñer as cousas moi difíciles unha vez máis. Temos que facer o noso traballo, que é ir a pola vitoria".

Pola súa banda Vicente Moreno, técnico do Mallorca, lamentouse de que "o feito de non meter as ocasións que tivemos, algunhas bastante claras, deulles esa posibilidade. É verdade que puidemos manexar mellor ese último minuto, pero é o que ten o fútbol. Foi cruel. Pero polo traballo, pola intención, polo que o equipo fixo en moitos minutos hai que felicitalo".