RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí laméntase da perda que orixinou o gol e asegura que o Dépor "partiuse a cara en todas as accións"

José Luis Martí manifestou na sala de prensa do Estadio Anxo Carro de Lugo que o Dépor "deu a cara, partiuse a cara en todas as accións. Tivemos a mala fortuna que nunha perda de balón, por querer ir buscar rápido a portería contraria, produciuse ese golazo".

O técnico deportivista admite que o Dépor queda sen marxe de erro nos tres partidos que restan: "Esa é a mentalidade. A partir de aquí o único que podemos facer é analizar o partido, corrixir as cousas que podemos mellorar. Tivemos moitísimos córneres e non xeramos moito perigo".

Ademais, lembra que "se lle gañamos ao Mallorca, todo estará moitísimo máis preto. Pode ser o obxectivo o de tentar gañar os 3 partidos que restan".

Do encontro, Martí indicou que "empezou cun ida e volta constante, un partido un pouco descontrolado. Logo na segunda metade da primeira parte controlamos un pouco mellor. Na segunda parte houbo ocasións para uns e outros por transicións rápidas. A nosa pegou no pau, a súa entrou. E as demais ocasións que tivemos non tivemos a fortuna de acertalas".