RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Medalla de prata en Italia para os infantís e título da Fase de Ouro para os benxamíns en Alemaña

Esta fin de semana, un equipo infantil do Deportivo e o Benxamín B do Club participaron a un gran nivel en trofeos amigables en Italia e Alemaña respectivamente.

Ademais, Abegondo foi escenario durante a semana de 3 encontros amigables co EFM Concello de Boiro e Viveiro CF como clubs invitados.

O Dépor, brillante subcampión do Trofeo Città dei Motori infantil

Un equipo infantil do Deportivo proclamouse subcampión da 6ª edición do Trofeo Città dei Motori, que se xogou na localidade italiana de Maranello.

Hoxe domingo, os deportivistas derrotaron ao Torino FC (1-2) no último partido da Primeira Fase e caeron coa AC Milan na gran final (0-1).

Este último choque acabou ademais con polémica, porque o colexiado italiano anulou nos instantes finais un tanto ao conxunto branquiazul, que supuxese o empate, por un dubidoso fóra de xogo.

Os resultados do Dépor foron os seguintes:

Sábado 11 de maio
DEPORTIVO 1 (Miguel Conde) - STANDARD LIEJA 1
AS ROMA 1 - DEPORTIVO 1 (Úbeda)

Domingo 12 de maio
TORINO FC 1 - DEPORTIVO 2 (Diego Miranda e Jorge Palomares)

Final
DEPORTIVO 0 - AC MILAN 1

O Benxamín B, campión da Fase Ouro da Kempen Cup de Alemaña

O Benxamín B disputou esta fin de semana a Kempen Cup 2019 na localidade alemá de Kempen.

O conxunto deportivista logrou o título de campión da Fase Ouro, ao derrotar a equipos da talla do Vitesse holandés, Stuttgart alemán ou Fulham inglés, entre outros.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase

BENXAMÍN B 2 (Raúl e Hugo) - VfB KIRCHELLEN 0
FC PARÍS 0 - BENXAMÍN B 0
TuS HONRAU F 0 - BENXAMÍN B 3 (Javi, Hugo e Rodrigo)

Segunda Fase

BENXAMÍN B 0 - FC HANSA ROSTOCK 1
BENXAMÍN B 6 (Iago Lameiro -2-, Javi, Raúl, Nico e Lucas) - SG BAD WILDUNGEN 0

Fase Ouro

BENXAMÍN B 2 (Iago Varela e Rodrigo) - FORTUNA COLONIA 0

Domingo 12 de maio

BENXAMÍN B 3 (Rodrigo -2- e Lucas Vázquez) - VITESSE ARNHEM 1
BENXAMÍN B 2 (Iago Varela e Pablo) - SSV BUER 0
BENXAMÍN B 3 (Iago Lameiro, Iago Varela e Pablo) - TuS ST. HUBERT ROT 1
BENXAMÍN B 3 (Pablo -2- e Lucas Vázquez) - VfB STUTTGART 1

Semifinal

BENXAMÍN B 2 (Pablo e Raúl) - FC COLONIA 1

Final

BENXAMÍN B 4 (José Quiroga -2-, Hugo e Javi) - FULHAM FC 0

Tres amigables saldados con triunfo na Cidade Deportiva

Un equipo infantil, Alevín B e Benxamín B disputaron, e gañaron, compromisos amigables esta semana en Abegondo.

Os resultados foron os seguintes:

Martes 7 de maio
ALEVÍN B 7 (Rubén Trillo -2-, Diego -2-, Pablo, Eder e Anxo) - EFM CONCELLO DE BOIRO 1
BENXAMÍN B 8 (Pablo -3-, Esteban -3-, Rodrigo e Lucas Vázquez) - EFM CONCELLO DE BOIRO 4

Mércores 8 de maio
DEPORTIVO (infantil) 8 (Jorge, Diego, Pablo Parada, Memet, Óscar, Pablo Seco -2- e Guerrero) - VIVEIRO CF 1