RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Mella, titular hoxe ante Romanía, adxudícase con España sub-18 o Torneo IV Nacións de Turquía

- Foto: rfef.es -

#ANOSACANTEIRA está representada nestes compromisos das categorías inferiores da selección española masculina e feminina con David Mella e Elena Vázquez, dúas das grandes promesas de Abegondo.

Ambos os canteiráns están a vivir os últimos días de concentración antes de regresar de novo á Coruña.

Último partido de David Mella, titular ante Romanía, hoxe en Turquía

David Mella está concentrado coa sub-18 nun torneo internacional na localidade turca de Bursa.

O terceiro e último encontro deste combinado nacional foi hoxe luns ante Romanía no Minareli Çavuş Stadium de Nilüfer.

Mella foi titular e xogou o noventa minutos ante os romaneses. O choque acabou en empate (1-1), resultado que converte á selección española en campioa do Torneo IV Nacións de Bursa. Pol Fortuny anotou o único tanto hispano.

O pasado sábado disputouse a segunda xornada, coa anfitrioa Turquía como rival. O partido xogouse no Karacabey M. Fehmi Gerçeker Stadyumu de Karacabey e finalizou con triunfo de España: 1-3.

Mella relevou no minuto 67 a Dani Rodríguez e foi autor do terceiro tanto español, no 90, que sentenciaba o choque após os iniciais do citado Dani Rodríguez e Rodrigo Martínez.

O primeiro partido de España foi ante Portugal o pasado xoves no Vakifköy Sport Facilites, na poboación de Yildirim, e saldouse con vitoria dos españois por 2-0. Os goles foron obra de Javier Bonar e Pol Fortuny. David Mella non gozou de minutos de xogo e seguiu o choque desde o banco.

Os resultados de Mella con España sub-18 foron os seguintes:

Xoves 22 de setembro
ESPAÑA 2 - PORTUGAL 0

Sábado 24 de setembro
TURQUÍA 1 - ESPAÑA 3

Luns 26 de setembro
ESPAÑA 1 - ROMANÍA 1

Mañá martes 27 David Mella regresará á Coruña despois dunha longa viaxe desde Istambul.

A sub-17, onte sen minutos para Elena Vázquez, impúxose a Polonia

Elena Vázquez Brandón, futbolista do Orzán SD Xuvenil Feminino participa coa selección española sub-17 no torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

A segunda cita para o defensor do Orzán SD Xuvenil Feminino foi onte domingo 25 de setembro ante Polonia no Estadio Polideportivo Municipal Pau Gasol (L'Alfàs do Pi).

As hispanas impuxéronse por 3-0 con goles de Cristina Redondo e Vicky López -2-, nun partido no que Elena Vázquez non tivo minutos.

Con este resultado, a selección española accede á seguinte fase de clasificación.

A defensa orzanista, que aínda non cumpriu 15 anos, tivo como primeira rival a Bélxica no Estadi Olimpic Camilo Cano (A Nucía).

O triunfo tamén foi claramente español (4-0) nun partido no que Elena Vázquez arrincou no banco e saltou ao céspede no minuto 63 en substitución de Noemí.

O calendario de partidos de Elena Vázquez, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 22 de setembro
ESPAÑA 4 - BÉLXICA 0

Domingo 25 de setembro
ESPAÑA 3 - POLONIA 0

Mércores 28 de setembro
12:00: GRECIA - ESPAÑA, no Estadi Olimpic Camilo Cano (A Nucía)