RCD / NOVAS

Menos de 24 horas para inscribirse na segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá 2019, que xa roldan os 1.000 participantes

26/06/2019 12:48

A segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá do verán de 2019 pechará a súa inscrición en menos de 24 horas, mañá xoves 27 de xuño ás 12:00.

A segunda das seis quendas dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo e os DéporCampus Cabreiroá de Caranza e Revilla de Camargo darán inicio o vindeiro luns 1 e estenderanse até o venres 5.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutras podes cubrir os formularios de inscrición de Abegondo, Caranza e Camargo.

Para ser validadas, todas as inscricións realizadas nas próximas horas tamén deberán ser abonadas antes da hora límite, as 12:00 horas do xoves 27 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá de Abegondo contan xa con 620 inscritos. Na suma de todas as sedes, a lista de participantes está a piques de alcanzar o milleiro de rapaces.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra de España.