RCD / NOVAS

Mollejo, citado pola sub-19 para un torneo en Belgrado, poderá xogar contra a UD Almería

01/10/2019 16:26

O futbolista do Real Club Deportivo Víctor Mollejo foi citado este mediodía pola selección española sub-19, que dirixe Santi Denia, para disputar o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia) entre o 8 e o 14 de outubro, e buscar o pase á Rolda Elite.

O atacante branquiazul debía incorporarse inicialmente este sábado 5 de outubro á concentración da selección, para viaxar a Belgrado o domingo 6, pero a dirección deportiva da selección, atendendo á solicitude efectuada pola dirección deportiva do Club, autoriza a súa incorporación após o partido do domingo 6 ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería. 

Mollejo si perde a visita ao Estadio Gran Canaria das Palmas do domingo 13 de outubro (21:00 hora peninsular, #Imos).

O calendario dos partidos de España é o seguinte:

Martes 8 de outubro
12:00: ESPAÑA - LITUANIA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Venres 11 de outubro
14:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Luns 14 de outubro
14:00: SERBIA - ESPAÑA, no Center de FA Serbia, en Stara Pazova

Máis novas de: MOLLEJO