RCD / NOVAS

Mollejo non regresa á Coruña e incorpórase á selección española sub-19

23/02/2020 19:20

Víctor Mollejo entrou na lista de convocados da selección española sub-19 para un partido amigable ante Dinamarca que terá lugar este mércores 26 de febreiro ás 11:00 horas nas instalacións de Pinatar Arena, sitas na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O atacante deportivista concentrarase mañá luns 24 de febreiro, e, por conseguinte, non regresará á Coruña coa expedición branquiazul.

Máis novas de: MOLLEJO