RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mollejo pide "aprender disto" e David Simón, "estar máis unidos que nunca"

Víctor Mollejo, goleador esta noite, e David Simón pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR

O atacante deportivista opina que "fixemos un partido para levarnos a vitoria. Somos ambiciosos. O noso posto na clasificación non reflicte o nivel do cadro, a calidade que hai e o que traballamos. Por suposto que o punto sabe a pouco".

Do mesmo xeito que Anquela, Mollejo indica que "non soubemos ler o partido. É facer autocrítica os xogadores, que somos os que temos que parar o ritmo do partido con 3-1. Non queda outra que aprender disto. Isto segue. Sei que é complicada a situación. Non queda outra que levantar a cabeza e traballar máis que nunca pensando no Cádiz CF".

Pola súa banda, David Simón, un dos futbolistas con máis experiencia da categoría, advirte que "mañá toca levantarse. Temos outro partido. Prohibido renderse. Temos que estar máis unidos que nunca todos. Isto ímolo a sacar adiante".

O lateral canario, do mesmo xeito que Mollejo, cre que "nos últimos minutos non soubemos ler o partido con esa vantaxe de 2 goles".

Asegura que mañá, Juan Antonio Anquela "volveranos a dar caña, volverá adestrar con máxima forza. E nós tamén. Non podemos decaer, temos que levantarnos rápido".