RCD / NOVAS

Mollejo, titular hoxe coa selección española sub-19 ante Dinamarca

26/02/2020 14:59

Foto: - @SEFutbol -

Víctor Mollejo mediuse coa selección española sub-19 nun partido amigable a Dinamarca hoxe mércores 26 de febreiro nas instalacións de Pinatar Area, na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O encontro acabou en igualada (1-1), con ambos tantos anotados nos primeiros 25 minutos.

O atacante deportivista foi titular e xogou completa a primeira parte, do mesmo xeito que boa parte dos seus compañeiros do once inicial español. Foi relevado por García.

Mollejo emprendeu viaxe de regreso á Coruña e está previsto que mañá xoves adestre xa en Abegondo co Deportivo.

Máis novas de: MOLLEJO