RCD / NOVAS

Mosquera e Juanfran reciben a alta médica e entran na lista de convocados

14/04/2017 12:38

Pedro Mosquera e Juanfran recibiron hoxe a alta médica e entraron na lista de 20 futbolistas convocados (cos tres porteiros), para o partido de mañá sábado 15 de abril en Riazor ante o Málaga CF (13:00 horas, Bein Sports). Así pois, o único futbolista de baixa médica a día de hoxe é Fernando Navarro.

Esta mañá, Pepe Mel repasou cos seus futbolistas (e o fabrilista Nacho Monsalve) diversos aspectos tácticos en Abegondo. Ademais, o técnico incidiu nas finalizacións e entradas por banda.

Ás 20:30 de hoxe venres, os convocados concéntranse no hotel Tryp Coruña (zona de Catro Camiños).

Tras o partido, o equipo descansará o domingo e regresará aos adestramentos o luns 17 de abril ás 10:30 en Abegondo.