RCD / NOVAS

Mujaid, Xogador Estrella Galicia do Dépor en febreiro

11/03/2020 13:31

Mujaid Sadick, central do Dépor, recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio como Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro. O defensa rioxano levou máis da metade dos votos emitidos, concretamente o 58,2% dos 6.189 que os Deportivistas efectuaron a través do perfil de Twitter oficial do Club, valorando os partidos contra a UD Las Palmas, Alcorcón, Girona e Zaragoza.

Competía polo galardón cos seus compañeiros Víctor Mollejo (20,4%), Ager Aketxe (14,2%) e Eneko Bóveda (7,3%). Mujaid repite deste xeito como mellor xogador do Deportivo após o premio recibido o mes de novembro e é o primeiro Deportivista que fai dobrete esta temporada, para completar por agora o cadro de premiados xunto a Sabin Merino, Koné e Mollejo como xogadores destacados de cada mes.

Lourdes Luis, responsable do Coconut Grove, acompañada por Gustavo Galván, promotor comercial de Hijos de Rivera na Coruña, foi a encargada de entregar a Mujaid o premio. Pola súa banda, o futbolista do Dépor entregou a Lourdes unha camiseta asinada por todo o cadro como premio ao establecemento hostaleiro do pasado mes.