RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González, satisfeito porque a resposta do equipo "foi bastante boa"

Natxo González destacou na rolda de prensa posterior ao encontro ante o Real Zaragoza que "o importante era, despois do partido do outro día (ante o CD Numancia), a resposta do equipo ante unha situación nova como a de perder eses puntos e desa maneira en ABANCA-RIAZOR. Era o que máis me importaba. Por iso satisfeito porque foi bastante boa".

Neste sentido, o técnico deportivista subliña que "isto é unha aprendizaxe. Imos aprendendo das experiencias que imos tendo e a partir de aí analizalas, ser autocríticos e tratar de que non volvan ocorrer. Ademais hai outro equipo enfronte, diferente tipo de equipo, o Numancia, o Zaragoza, situación na que viña o Numancia, situación na que viña o Zaragoza... Son moitos aspectos que hai que ter en conta. O importante era a resposta a nivel futbolístico e a nivel estratéxico para poñer sobre o céspede o que previramos".

Pola súa banda, Lucas Alcaraz, técnico do Real Zaragoza, comentou que "estamos tocados, fodidos e contrariados porque todo o que non sexa iso sería un exercicio de irresponsabilidade".

Móstrase "plenamente convencido" de que o seu equipo vai reverter a situación, "pero temos que gañar un partido xa", advirte.