RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "Temos que ter a capacidade para xestionar ben estes momentos menos bos"

Natxo González asegurou en rolda de prensa en Abegondo que "me ocupa moito, máis que preocúpame" levar 3 meses sen gañar lonxe de ABANCA-RIAZOR: "Os datos están aí. Temos ganas de gañar sempre e até o momento non o estamos conseguindo. Cun pouco de paciencia, paz e tranquilidade, todo adoita chegar".

O técnico deportivista recalca que "fixese palmas coas orellas se ao principio de temporada dinme que chego con 36 puntos, a falta de 3, que poden ser 39, ao final da primeira volta".

Aínda que si admite que ve o equipo máis vulnerable nestas últimas xornadas, "a diferenza é a eficacia. Partidos como o do outro día (ante o CD Lugo) gañamos en casa porque fomos eficaces. Se gañásemos non teriamos esta sensación. Aquí depende todo do resultado. Son os que mandan. É verdade que para chegar ao resultado temos que facer as cousas ben. Posiblemente non esteamos a facer todo ben. Por iso o resultado, o empate do outro día".

Quixo subliñar Natxo González que "nunha temporada tan longa pasan estas cousas. Hai baixadas de rendemento tanto a nivel individual como colectivo. Por tanto, polo menos desde a miña posición, tranquilidade".

Co mercado de inverno aberto durante este mes de xaneiro, o adestrador deportivista deixou claro que os xogadores importantes "até o 30 de xuño van estar aquí todos como... Eu tampouco me vou a marchar, eh".

Do Real Mallorca, rival mañá sábado en Son Moix (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 21ª xornada de LaLiga 1|2|3, opina que "é un equipo moi feito. Vén de atrás, de conseguir un ascenso. Esa dinámica dun ascenso normalmente adoita xerar un bo comezo de temporada en categorías superiores, a ilusión, fame para moitos futbolistas, a ocasión para moitos futbolistas de tocar o fútbol profesional. Dígocho por experiencia como me pasou co Reus hai dous anos. É un equipo moi feito".

Destaca ademais que "como local ten o dobre de puntos que como visitante. Moi fiable en casa. Os equipos de Vicente Moreno (técnico mallorquinista) son moi sólidos, moi fortes a balón parado. Defensivamente sobre todo en casa non encaixou moito. Leva menos dun gol por partido. En ataque teñen recursos, gol a balón parado; teñen a Lago Júnior, que está nun momento incrible; Álex López está a facer goles... Levan unha media de 1,7 goles por partido. Ou sexa que son moi bos números. Máxima dificultade".

Non está de acordo en que "veñen mal dadas" neste tramo da liga: "Somos conscientes de que a porcentaxe de puntos ultimamente baixou. Pero desde dentro trato de transmitir tranquilidade. Que baixo ningún concepto nos poida desequilibrar un pouquiño o que pase de portas para fóra. En ningún caso. Nin para o bo, os halagos debilitan. Nin para o malo. Isto é así. Agora en Pamplona están eufóricos pola dinámica cando hai dous meses estaban fodidos. Agora na Coruña estamos fodidos, e en Pamplona están eufóricos. Isto vai por épocas. Temos que ter a capacidade para xestionar ben estes momentos menos bos, que agora pode ser o caso; e os malos, que non é o caso".

Por este motivo, insiste en que "non interpreto eu que agora mesmo falemos de mal dadas. Críticas, por suposto. Aquí todo se move por resultados. Todo vai ser cuestionable sempre. Isto é parte do xogo e témolo que entender".

Acepta as críticas, porque "cando non se gaña teño que aceptar. Pero non creo que sexa un momento complicado. Xa haberá. Oxalá non. Cando sexa delicado xa direiche. Agora non o é".

Preguntado pola ausencia de Carles Gil, Natxo González comentou que o futbolista está ben desde o punto de vista físico: "É unha decisión miña. É unha decisión técnica. Non adoitamos falar dos que quedan fóra. Neste caso meto a Christian Santos e saco a Carles. Sen máis".