RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo: "Queremos, queremos, pero non puidemos"

Natxo González admitiu en rolda de prensa que o equipo tocou fondo esta tarde: "Non hai que ocultar a realidade. Entramos ben nos primeiros minutos. Era un partido que sabiamos que tiñamos un rival con capacidade para ter a pelota. Aos poucos non iamos acabando as accións, non iamos xerando perigo e aos poucos eles ían atopando espazos, íannos asustando e iámonos facendo máis pequenos".

O técnico deportivista indica que o primeiro gol do Rayo Majadahonda "faiche dano e vas a remolque. Vontade, queremos, queremos pero non puidemos".

Insiste en que "non se pode ocultar a realidade. Feliciteilles pola actitude, polo querer. Pero é o querer e non poder. Non se pode ocultar".

Natxo vese con forzas: "Renderse, nunca. Agora irei á miña casa e derrubareime. Dareime cabezadas contra as paredes. Pero mañá se Deus quere volverá amencer. Renderme non vai comigo. Creo moito no que estamos a facer e hai que seguir adiante. Nesta vida, para conseguir os éxitos hai que pasar por dificultades".

Pola súa banda, Antonio Iriondo, adestrador do Rayo Majadahonda, cre que o seu equipo, tralos minutos iniciais "nos que tivemos que renunciar á nosa esencia e botar balóns arriba, manexamos o partido".

Considera o técnico madrileño que "se seguimos nesta liña, podemos conseguir moitos puntos" de aquí ao final de liga.