RCD / NOVAS

Navarro e Sidnei piden unidade tras a derrota

25/02/2017 22:39

Fernando Navarro e Sidnei compareceron na zona mixta do Estadio de Butarque.

O lateral deportivista, un dos xogadores máis experimentados do vestiario, lamentouse porque "non conseguimos cambiar a dinámica na que estamos".

Navarro admite que a situación "é complicada" pero pide "remar na mesma dirección".

Pola súa banda, Sidnei cre que agora, nun dos momentos máis difíciles da temporada, "hai que levantar a cabeza".

Máis novas de: FERNANDO NAVARRO, SIDNEI