RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Navarro: ''tentaremos que non sexa un partido cómodo, levalo ao noso terreo''

  Fernando Navarro compareció esta mañana en rolda de prensa en Abegondo. Cualifica #ONosoDerbi do sábado 2 de abril en Balaídous ante o RC Celta (22.05, TVE) como "un partido importante pola rivalidade que ha

Vaticina un choque "interesante, disputado. Non creo que sexa moi diferente doutros derbis que puiden vivir".

Di Navarro respecto de se desexa un Celta con Iago Aspas ou sen Aspas, dúbida por lesión, que "como non depende de min dáme igual. Iago é un gran xogador, está a facer unha boa tempada, como o seu equipo. A proba está en que cando non estivo el tamén seguiu sacando bos resultados. O que nos importa é o Celta no seu conxunto. Ten boas individualidades pero creo que se algo destacou o Celta é que cando faltaron xogadores como Nolito ou Iago, seguiu rendendo. A nós é un detalle máis".
 
O lateral deportivista explica que o Dépor tentará en Balaídos "que non sexa un partido cómodo, levalo ao noso terreo, tentando que eles non teñan ese ritmo de partido que sempre exhiben nos seus partidos, sobre todo en casa. Tentaremos minimizar as súas virtudes, que están a demostrar que son moitas, e tentar apertar onde eles fraquean un pouquiño máis".
 
Da primeira volta, Navarro lembra que foi "un partido disputado, que se decidiu por detalles. Antes do noso gol eles tiveron unha ocasión moi clara de Nolito, logo co 1-0, o penalti que fallou tamén. Foi un partido disputado que pechamos no 92 ou o 93 cun gol deles".
 
Respecto da súa posición no terreo de xogo, central ou lateral zurdo, argumenta o defensor deportivista que xoga "do que me poña o adestrador. Sempre o dixen, xa cando cheguei aquí, dixen que a miña posición habitual e normal é a de lateral esquerdo, que me podía adaptar ao posto de central. Ao final as decisións técnicas, tácticas decídeas o adestrador. Para min o importante é xogar e axudar ao equipo independentemente da posición que poida xogar ou non".
 
Neste sprint final de Liga, quere deixar claro Fernando Navarro, un dos futbolistas con máis experiencia na liga, que "desde dentro só miramos a permanencia desde hai moito tempo. O obxectivo non está pechado, quedan puntos por conseguir. Quédannos rivais moi difíciles. Está claro que canto antes consigamos os puntos que nos garanta outro ano máis en Primeira pois mellor. Estamos nunha boa disposición, mellor que outros equipos. Cada partido que hai é unha oportunidade para selar a permanencia".
 
Por este motivo, gañar en Vigo, ao seu xuízo, ten premio "por ser un derbi, por tres puntos que nos achegarían moito á permanencia e pola transcendencia emocional para as últimas 7 xornadas. Gañalo sería un impulso para nós".