RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nolaskoain subliña que "na segunda parte fixemos as cousas ben"

Peru Nolaskoain atendeu aos medios en zona mixta telemática nada máis concluír o partido en Oviedo.

O defensor deportivista apunta que "é difícil explicar a primeira parte. Saímos ben ao partido pero a partir do minuto cinco, dez, pasáronnos por encima. Parecía que tiñan unha marcha máis. Inflúe tamén que tivesen dous días máis de descanso, que me parece unha vergoña. Non é escusa pero inflúe tamén. O gol de Sabin deunos moita vida. Na segunda parte fixemos as cousas ben".

Conta que no descanso "falamos, arranxamos as cousas, cambiamos de sistema tamén. Creo que nos saiu ben". "Persoalmente tamén me sentín ben coa defensa de catro. Tiñamos máis xente por dentro. Entrou tamén Ager que nos deu vida na mediapunta. Mellorou o equipo", engadiu.

Opina que na segunda parte "todos estabamos metidos no partido e notouse. O equipo está ben. Temos xogadores moi bos, con moita clase, con moita técnica. Fixémoslles dano e faltounos un pouco de claridade para ir a por o partido".

Autor do segundo tanto, o do empate, márchase de Oviedo "contento por axudar ao Club a amarrar ese empate nun campo dun rival directo. Unha pena que non servise para a vitoria pero serviu para puntuar e gañarlles o golaverage, que eu creo que é importante".