RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Nova final mañá para un equipo de #ANOSACANTEIRA: o Orzán SD Xuvenil Feminino en ABANCA-RIAZOR

Esta semana chegou a hora da verdade para tres equipos de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 8 ás 18:00, o Orzán SD Xuvenil Feminino disputará en ABANCA-RIAZOR ante o Victoria CF B a gran final da I edición da Copa da Coruña Feminina.

As orzanistas superaron en semifinais ao SE Abellá SDEC mentres que as blanquinegras, ao Sporting Cambre. Os dous equipos finalistas militan na Primeira Autonómica.

Onte martes nas Eiroas (Carballo), o Alevín caeu (0-2) co RC Celta na gran final da XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Os branquiazuis accederon a esta final ao ser campións do subgrupo norte mentres que os celestes, do sur.

E no campo da Marola (Mera), o Fabril FC Benxamín, que a pasada fin de semana proclamouse en Polonia subcampión da VII edición da International Steel Cup, perdeu (2-3) co Victoria CF na gran final do Torneo Delegación e colgouse a medalla de prata.

Nas semifinais, os fabrilistas apearon ao ED Luis Calvo Sanz mentres que os blanquinegros, ao Orillamar SD A.

Todo iso será o preámbulo dunha fin de semana chea de novo de torneos para #ANOSACANTEIRA que arranca xa o venres en Torrelavega (Cantabria), Carballo e Azpeitia (Gipuzkoa), cos primeiros partidos do San Tirso SD Cadete na XII edición do Trofeo San Bernabé, o Alevín A no Torneo Internacional Ciudad de Carballo e o Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup.

O sábado, o Cadete desprázase ao campo da Pelada en Vilagarcía para disputar un torneo amigable, no que terá como rivais iniciais na Primeira Fase ao EFM Concello de Boiro e ao Coruxo FC.

E o Fabril FC Benxamín compite en Paredes de Coura (Portugal) na Coura Cup 2023.

Para o domingo quedan dous torneos máis: a Coura Cup para o Benxamín A e a Revolution Cup para o Fabril FC Benxamín na localidade lusa de Arcos de Valdevez.

Así mesmo, o San Tirso SD Infantil, que a pasada fin de semana adxudicouse en Tánxer (Marrocos) a IBN Battuta Cup 2023, desprázase á rexión de Bretaña en Francia para participar no Tournoi International de Guerlédan, no que terá como rivais na primeira fase ao FC Lorient, Wasquehal Football, FC Massy, Saint Sebastien FC, Rochefort FC, Selection du Poher e CS Merdrignac.

Finalmente, a orzanista Emma Gandoy foi convocada pola selección galega sub-15 para disputar a Fase Final Prata de Seleccións Autonómicas en Huelva do próximo venres 9 de xuño ao domingo 11. O rival de Galicia en semifinais será Castela A Mancha o venres 9. A outra semifinal xogarana Canarias e a Comunidade Valenciana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
I edición da Copa da Coruña, final: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA CF B, mañá xoves 8 de xuño ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR

Categoría cadete
Clasificación final da División de Honra: 1. Cadete, 107 puntos; 2. RC Celta, 97 puntos... 10. San Tirso SD Cadete, 55 puntos...

Torneo Cadete, no campo da Pelada (Faxilde, Vilagarcía)
Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
11:00: EFM CONCELLO DE BOIRO - CADETE
16:00: CADETE - CORUXO FC
Os dous primeiros de grupo acceden ás semifinais e o 3º xogará para dilucidar a súa posición no torneo, todo iso a partir das 17:00 horas

XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
19:50: SAN TIRSO SD CADETE - LA SALLE, no Malecón 1 (Torrelavega)
Sábado 10 de xuño
11:10: SAN TIRSO SD CADETE - UNIÓN SPORT, en Suances
17:00: SAN TIRSO SD CADETE - BANSANDER, en Suances
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final; mentres que o 3º e 4º a unha Fase Prata. Todo iso o domingo 11 a partir das 9:15

Categoría infantil
Tournoi International de Guerlédan (Francia) para o San Tirso SD Infantil, co calendario de partidos pendente

Categoría alevín
XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final (martes 6): ALEVÍN 0 - RC CELTA 2

Torneo Internacional Concello de Carballo, nas Eiroas (Carballo)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
18:10: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A (campo 2)
19:40: ALEVÍN A - REAL MADRID (campo 1)
Sábado 10 de xuño
10:00: ED LUIS CALVO - ALEVÍN A (campo 2)
12:55: ALEVÍN A - BERGANTIÑOS CEN (campo 1)
16:30: FC PORTO - ALEVÍN A (campo 1)
17:40: ALEVÍN A - ATHLETIC CLUB (campo 1)
20:00: RC CELTA - ALEVÍN A (campo 1)
Domingo 11 de xuño
9:30: ALEVÍN A - CD LUGO (campo 1)
O catro primeiros pasan a semifinais, a partir das 10:40

Azpeitia Cup 2023, en Azpeitia (Gipuzkoa)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
19:00: FABRIL FC ALEVÍN - UNIÓ FB JÀBAC TERRASA (campo 4)
Sábado 10 de xuño
10:00: FABRIL FC ALEVÍN - ELCHE CF (campo 1)
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - CD SANSE (campo 3)
16:30: REAL MADRID - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
18:30: ALOÑA MENDI KE - FABRIL FC ALEVÍN (campo 4)
Os dous primeiros de grupo pasarán a unha Fase Liga mentres que o terceiro e o cuarto accederán a unha Fase Copa, todo iso o domingo 11 de xuño a partir das 9:00 horas

Categoría benxamín
Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
09:00: SC COURENSE - BENXAMÍN A (campo 1)
10:40: EF BENFICA CHAFÉ - BENXAMÍN A (campo 2)
13:30: BENXAMÍN A - DESPORTIVO DE RONFE (campo 1)
15:10: BENXAMÍN A - VARZIM SC
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos 3 grupos acceden a cuartos de final, todo iso a partir das 16:15

Torneo Delegación, final (martes 6): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Andrés Valencia e Mateo Cardelle) - VICTORIA CF 3

Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Sábado 10 de xuño
Primeira fase (campo 2)
09:40: ACADÉMICA SPORTING ESMORIZ - FABRIL FC BENXAMÍN
10:40: FABRIL FC BENXAMÍN - CELTA ACADEMY BRAGA
11:40: FABRIL FC BENXAMÍN - OS AFONSINHOS - DIDAXIS
14:20: SC VALENCIANO - FABRIL FC BENXAMÍN
15:20: FABRIL FC BENXAMÍN - SC BRAGA
16:20: OS COKINHAS - FABRIL FC BENXAMÍN
Os 4 primeiros de grupo pasan á Fase Final, que arranca ás 17:05.

Revolution Cup, en Arcos de Valdevez (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
09:25: ATLÉTICO DOS ARCOS - FABRIL FC BENXAMÍN
10:15: FABRIL FC BENXAMÍN - CD NACIONAL
11:05: FABRIL FC BENXAMÍN - CF PORTO
12:45: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTIAGO MASCOTELOS FC
Segundo clasificación, os equipos pasarán a unha Segunda Fase para ditaminar a súa clasificación final no torneo, todo iso a partir das 15:00 horas