RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A cede dous puntos ante o CD Calasanz

O Alevín A cedeu 2 puntos ante o CD Calasanz (3-3) en partido correspondente á 4ª xornada no subgrupo 1º da Segunda Fase A Coruña de fútbol oito.

Iago Lameiro -2- e Lucas Vázquez foron os goleadores branquiazuis neste igualado encontro entre dous aspirantes.

Con este resultado, o Alevín A suma 10 puntos e segue á fronte da táboa.

Alevín A: Martín Fernández, Iago Varela, Nico, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Gabri e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Lucas López, Javi Seoane, Hugo González, Martín Forján, Antón e Raúl.

A próxima fin de semana, o Alevín A visita ao UD Xuvenil de Almeiras.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes.

Alevín A 2 (Raúl e Martín Forján) - Club Xesuitinas 1
San Tirso SD 0 - Alevín A 1 (Javi Seoane)
Alevín A 3 (Iago Lameiro -2- e Lucas Vázquez) - CD Calasanz 3