O Alevín A compite en Barcelona na Power Gol Cup 2016
O Alevín A do Deportivo participa esta fin de semana en Cornellá (Barcelona) na Power Gol Cup 2016, que se xoga no Estadio Municipal da citada localidade catalá.
Un dos partidos, concretamente ante o Valencia o sábado ás 11.00, será retransmitido en directo e en aberto por Gol TV.
O calendario da Primeira Fase para o conxunto deportivista é o seguinte:
Venres 16 de decembro
16.30: ALEVÍN A - SAMPDORIA
19.30: ESPANYOL - ALEVÍN A
Sábado 17 de decembro
9.30: ALEVÍN A - MATARÓ
11.00: VALENCIA - ALEVÍN A (Gol TV)
12.30: ALEVÍN A - EUROPA
Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final; mentres que o resto de equipos xogarán unha Fase de Consolación.
O conxunto deportivista acaba de apear o Imperátor na primeira ronda do Campionato Galego de fútbol oito.