RCD / NOVAS

O Alevín A recibe mañá ao SDCyR Narón O Freixo en partido da 5ª xornada do Trofeo Conservas Calvo

09/03/2020 13:52

O Alevín A mídese mañá martes 10 de marzo en Abegondo (19:15, campo 4) ao SDCyR Narón O Freixo en partido correspondente á 5ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, celebrada case na súa totalidade a pasada fin de semana.

Na clasificación, os deportivistas marchan en 2ª posición con 12 puntos de 12 posibles. Por diante está o Ural CF A, que xogou 5 partidos, 1 máis que o Alevín A, e gañou os 5.