RCD / NOVAS

O Alevín B arrinca cun 10 o Torneo A Coruña - As Mariñas

12/10/2019 14:30

O Alevín B impúxose (1-10) ao Oza Juvenil SD C en partido correspondente á 1ª xornada no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas.

Trigo -3-, Uxío -2-, Ioan -2-, Íker, Paulo e Gael foron os goleadores branquiazuis nun choque sen historia.

Alevín B: Diego, Gael, Iago Vázquez, Sergio, Uxío, Yago Trigo, Alberto e Ioan. Tamén xogaron: Gabriel, Mauro, Paulo, Íker, Joaquín e Xoel.

A próxima fin de semana, o Alevín B mídese ao Ural CF A.