RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B derrota ao Atlético Coruña Montañeros C e toma posicións á fronte da Primeira C

O Alevín B do RC Deportivo adiantou o seu partido da fin de semana na Primeira C a hoxe mércores para participar desde este venres 13 no Media Gol Cup en Cornellá (Barcelona).

Os branquiazuis derrotaron (2-5) ao Atlético Coruña Montañeros CF C en choque correspondente á 3ª xornada, con tantos de Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio.

Con este resultado, o Alevín B suma 9 puntos de 9 posibles e sitúase xa na zona alta da táboa.

Alevín B: Gabriel, Xoel, Nico, Gael, Mauro, Ioan, Alberto e Uxío. Tamén xogaron: Íker, Iago Vázquez, Joaquín, Diego e Sergio.

A próxima cita ligueira para o Alevín B está prevista para o sábado 21 de decembro, en horario e campo por fixar, co CD Calasanz C como rival.

Os resultados até a data do Alevín B en Primeira C son os seguintes:

Imperátor OAR B 1 - Alevín B 9 (Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Nico, Alberto, Íker, Joaquín e Iago Vázquez)
Alevín B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - Ural CF C 2
Atlético Coruña Montañeros CF C 2 - Alevín B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio)