RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A dobrega ao CD Conxo Santiago con 3 goles na primeira parte

O Cadete A dobregou ao CD Conxo Santiago (1-3) cos 3 goles na primeira parte.

Mella -2- e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos tantos branquiazuis neste encontro correspondente á 13ª xornada na División de Honra.

O partido deixa ao Cadete A líder en solitario e destacado con 39 puntos, por 34 do RC Celta, segundo clasificado.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Nico, Seydiba, Canales, Iván, Mella, Martín Ochoa, Álex González, Embid e Diego Gómez. Tamén xogaron: Mato, Sergio Varela, Hugo Baldomar e Roque.

O vindeiro xoves 5 de decembro ás 18:30 en Abegondo, o Cadete A recibe ao Arosa SC.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)