RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A imponse no derbi ante o Ural CF e certifica o seu campionato de inverno

O Cadete A decantou o derbi ante o Ural CF (0-3) con goles de Álex González, Martín Ochoa e Mella na segunda metade deste encontro correspondente á 17ª xornada na División de Honra.

Con este resultado, o Cadete A sigue líder destacado con 51 puntos, por 46 do seu inmediato perseguidor, o RC Celta. Por conseguinte, os branquiazuis proclámanse campións de inverno ao concluír a primeira volta da competición na cabeza.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Nico, Seydiba, Canales, Mella, Martín Ochoa, Álex González, Embid, Raúl e Diego Gómez. Tamén xogaron: Rubén, Castosa, Carlos e Iván.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao Bertamiráns FC e inicia a segunda volta da División de Honra.

Os resultados do Cadete A que dirixe Nacho Lourido até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)
Cadete A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - Arosa SC 0
San Tirso SD 0 - Cadete A 3 (Diego Gómez -2- e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Canles -2-, Martín Ochoa, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 0
Ural CF 0 - Cadete A 3 (Álex González, Martín Ochoa e Mella)