RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B dobrega ao Imperátor OAR a base de eficacia nas dúas áreas

Un Cadete B eficaz nas dúas áreas dobregou ao Imperátor OAR (5-0), en partido correspondente á 11ª xornada no grupo norte da liga Galega.

Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete B segue en solitario á fronte do grupo con 31 puntos; por 28 puntos da SD Compostela, o seu inmediato perseguidor. Precisamente ambos os equipos veranse as caras a próxima fin de semana en Santiago.

Cadete B: Unai, Alexis, Mato, Monteagudo, Xosé, Lombao, Sierra, Marco Baña, Mardones, Matos e Iván. Tamén xogaron: Marcote, Fer, Domínguez e Seydiba.

Os resultados do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0