Un gol de Matos no último minuto culminou unha gran remontada (2-3) en 36 minutos do Cadete B no campo da Gándara 2 ante o Racing de Ferrol B.
Os deportivistas fóronse ao descanso claramente superados polos locais: 2-0. Após o paso polos vestiarios, o choque cambiou. Mardones recortou diferenzas no 44, Marco Baña igualou no 62, ata que chegou o tanto definitivo de Matos na última xogada.
Co resultado deste partido correspondente á 24ª xornada do grupo norte da liga Galega, o Cadete B é líder con 61 puntos; por 55 puntos do 2º na táboa, a SD Compostela.
Cadete B: Manu, Mardones, Monteagudo, Carlos, Raúl, Matogueira, Sierra, Marco Baña, Domínguez, Matos e Fer. Tamén xogaron: Alexis, Lombao, Pablo Parada e Marcote.
A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Ural CF B.
CD Calasanz B 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0
Dumbría CF 3 - Cadete B 2 (Matos e Mardones)
Cadete B 6 (Domínguez, Matos -2-, Mato, Marcote e Marco Baña) - Viveiro CF 1
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Nico e Domínguez) - CD Calasanz B 1
CD Lugo B 1 - Cadete B 1 (Fer)
Cadete B 6 (Fer -5- e Guerrero) - Escola Estrada Fútbol Base 1
EFM Concello de Boiro 0 - Cadete B 0
CD Conxo Santiago B 1 - Cadete B 5 (Mardones, Iván, Mella, Matos e Sierra)
Cadete B 4 (Fer, Mardones, Domínguez e un futbolista rival en propia meta) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Racing de Ferrol B 2 - Cadete B 3 (Mardones, Marco Baña e Matos)