RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O capitán Álex Bergantiños, convencido: "O equipo vai ir a máis"

Álex Bergantiños pasouse pola zona mixta do Estadio do Helmántico. O capitán branquiazul recalcou que foi un partido "complicado por todos os condicionantes: o campo, as baixas que tiñamos...".

Queda con "un moi bo Dépor nos primeiros 20 minutos. É un pouco o que traballamos durante a semana. Logo a medida que o campo íase embarrando, tivemos algunha perdida, algunha imprecisión e caeu un pouco. Competimos moito mellor que a semana pasada", conclúe.

Fixo fincapé o mediocentro coruñés no estado do céspede do estadio salmantino: "Á parte da área conxelada estaba súper embarrada. Nos xiros era bastante complicado. Converteuse nun partido demasiado directo, con demasiadas perdas. Por iso é polo que houbo poucas ocasións".

Opina que o Dépor tivo no arranque, mentres o campo aguantou, "o seu momento no partido: combinamos bastante ben, con moita mobilidade con movementos que traballamos durante a semana e tivemos dúas ou tres ocasiones claras. Logo houbo moi pouco fútbol", engadiu.

Recalca que Rubén de la Barrera "vén con moitas ganas de traballar, de variar cousas que faciamos de maneira diferente. Vén con fame de coller esta oportunidade, de mellorar o rendemento que estabamos a ter até agora".

Cualifica como "momentos desagradables" cando se vai un adestrador, "e máis con todo o que significa Fernando como amigo, como gran persoa e gran adestrador. Non podemos descubrir agora o que é el. Tomouse esta decisión. Os xogadores non podemos dicir moito. Pretendíase dar un xiro e optouse por ese cambio. Eu como capitán darlle o máximo apoio a Fernando, que estivo comigo en particular en dúas etapas. Como el dixo son un deportivista máis que vai estar apoiando. Onte fíxonos chegar unha mensaxe de apoio para todo o cadro".

Álex Bergantiños admite finalmente que "as expectativas deste equipo eran moi altas. Estamos por baixo do nivel que temos que dar. O equipo vai ir a máis. Este cambio vaille a vir ben. Agora temos dous partidos seguidos en ABANCA-RIAZOR determinantes para o que queda de primeira fase. Temos que dar ese puntiño máis. Esperemos recuperar a xente. Tiñamos unha praga de lesións esaxerada que nos condicionou un pouco nestas últimas xornadas. A ver se con iso e co impulso de Rubén podemos sacar os dous partidos de casa e que todo se vexa doutra maneira".