RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O capitán Mosquera asegura que "hai ganas de que o equipo salga xa o sábado do descenso"

Pedro Mosquera, capitán do Deportivo, compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

O mediocentro coruñés explicou a reunión que mantivo esta mañá todo o cadro no vestiario da Cidade Deportiva, cuxo obxectivo foi recalcar que "agora o máis importante é o equipo. Dá igual quen xogue, facer ver que o ben é común. Temos que estar todos remando no mesmo lado. Iso é o que tentamos transmitir".

Indicou que "é a segunda vez que falamos durante o ano. A primeira foi hai tempo e a verdade é que o equipo pegou un cambio. Empezamos a gañar partidos en casa. Esta vez, pola situación na que estamos, era un bo momento para pór as cousas claras e facer ver a todo o equipo que esta fin de semana é crucial para nós. Temos que tomarnos esta semana como unha semana vital".

Asegura que "a actitude de todo o mundo é de predisposición para axudar. Esta semana vaise a ver un Dépor que irá a polo partido. Imos sacar os 3 puntos seguro" ante o Levante UD, o sábado 27 de xaneiro no Estadio ABANCA-RIAZOR (13:00 horas, Bein LaLiga).

Espera un partido "difícil. Os dous equipos estamos necesitados. Tense que notar que estamos en descenso e que queremos saír de aí. Se gañamos estamos fóra do descenso. Pasamos ao Levante, empatamos ao Alavés dependendo do que fagan eles en Barcelona. Podemos respirar un pouco e afrontar os partidos que veñen non con máis tranquilidade porque segue habendo necesidade, pero fóra do descenso".

Do encontro do Santiago Bernabéu do pasado domingo, recalcou que "o resultado foi duro para nós. A primeira parte competimos bastante ben. A raíz do terceiro gol, tentamos abrirnos un pouco máis para conseguir un resultado máis axustado. Aí é cando eles conseguiron á contra facernos máis goles. Ganas de reverter a situación, ganas de que o equipo salga xa o sábado do descenso e facer unha boa segunda volta".

Sobre a afección, o capitán branquiazul cre que "somos nós os que temos que darlle para que estean connosco. Esta semana imos sacar os 3 puntos e a tentar que a afección se volva a enganchar connosco".

Preguntado por Emre Çolak, que onte se retirou aos vestiarios antes que os seus compañeiros a instancias de Cristóbal Parralo, Mosquera manifestou que "a verdade é que non o vin, estaba no vestiario. Son cousas que pasan no adestramento. O míster decidiu iso e hai que respectar o que decida o míster".