RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA comeza mañá martes a preparar a visita ao Sporting Huelva

14/10/2019 12:10

O Deportivo ABANCA comeza mañá martes 15 de outubro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Sporting Huelva, prevista para o sábado 19 de outubro ás 13:00 horas na Ciudad Deportiva Decano del Fútbol Español.

As deportivistas, colíderes da Primera Iberdrola co FC Barcelona, realizarán 4 adestramentos previos ao choque, todos eles en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 14 de outubro
Descanso

Martes 15 de outubro
17:00 horas: Adestramento en Abegondo

Mércores 16 de outubro
17:00 horas: Adestramento en Abegondo

Xoves 17 de outubro
17:00 horas: Adestramento en Abegondo

Venres 18 de outubro
10:30: Adestramento en Abegondo

Sábado 19 de outubro
13:00: Sporting Huelva - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Decano del Fútbol Español