RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA comeza mañá martes a preparar a visita do UD Granadilla Tenerife a Abegondo

16/09/2019 12:00

O Deportivo ABANCA, colíder da Primera Iberdrola, comeza mañá martes 17 de setembro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do UD Granadilla Tenerife a Abegondo, prevista para o domingo 22 de setembro ás 12:00 horas.

Ambos os equipos coñécense ben, posto que se enfrontaron este verán con motivo do VII Trofeo Teresa Herrera feminino disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR, partido que se saldou con triunfo tinerfeño.

Manu Sánchez dispuxo 5 sesións de adestramento, todas elas na Cidade Deportiva.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 16 de setembro
Descanso

Martes 17 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 18 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 19 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 20 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 21 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 22 de setembro
12:00: Deportivo ABANCA - UD Granadilla Tenerife, en Abegondo