RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA coñece este venres o rival en cuartos de final da Copa da Raíña

13/02/2020 09:13

O Deportivo ABANCA coñecerá este venres 14 de febreiro o rival nos cuartos de final da Copa da Raíña.

O sorteo celebrarase ás 12:00 na sede da Federación Española de Fútbol na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A eliminatoria, a partido único, disputarase nas instalacións deportivas dos equipos que disputaron os oitavos de final fóra de casa. É dicir, que ao conxunto deportivista tocaríalle nun principio lonxe de Abegondo ou ABANCA-RIAZOR.

Se o emparellamento do sorteo dá como resultado equipos que xogaron os oitavos de final ben na súa casa ou ben fóra, os cuartos celebraranse no campo do Club cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar.

O rival do Dépor ABANCA será un destes equipos: CDEF Logroño, CD Tacón, Athletic Club, Sevilla FC, FC Barcelona, Madrid CFF e Real Betis.