RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA pasa a noite en Valencia e regresa mañá domingo á Coruña

14/11/2020 18:20

A expedición do Deportivo ABANCA pasa a noite esta noite no Hotel Valencia Congress, cuartel xeral das branquiazuis na capital levantina; e regresa mañá domingo á Coruña.

Manu Sánchez citou de novo aa súas futbolistas o martes 17 de novembro ás 17:30 en Abegondo para arrincar a semana de adestramentos.

A seguinte cita ligueira será a visita do Atlético de Madrid Feminino, o domingo 22 de novembro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR.

O plan de regreso do Dépor ABANCA é o seguinte:

Domingo 15 de novembro
14:10: Saída do voo de Valencia con destino Santiago
15:40: Chegada aproximada a Galicia