RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA pecha a semana cun adestramento na praia de Riazor

O Dépor ABANCA puxo fin hoxe domingo á semana de adestramentos cun traballo na praia de Riazor desde as 09:00 horas.

As deportivistas gozaron coas tarefas dispostas polos técnicos branquiazuis, sempre respectando as normas sanitarias.

O adestramento finalizou para as xogadoras branquiazuis cun baño reparador nas frescas augas do Atlántico.

Mañá luns será xornada de descanso. O Dépor ABANCA volve ao traballo o martes ás 18:00 en Abegondo, xa na cuarta semana de pretemporada.