RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA, que empeza a pretemporada o martes, inicia a liga o 5 de setembro

15/07/2020 17:00

O Dépor ABANCA arrancará a súa segunda temporada na Primera Iberdrola o próximo 5 de setembro, segundo acaba de aprobar o Comité Nacional de Fútbol Femenino.

Serán un total de 18 equipos e 34 xornadas de competición até o 20 de xuño de 2021.

As rivais do conxunto que prepara Manu Sánchez serán: FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid Femenino, Valencia CF Femenino, Levante UD, Sevilla FC Femenino, Real Betis Féminas, RCD Espanyol Femenino, SD Eibar, Sporting Club de Huelva, Real Sociedad, Athletic Club, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife, Liberbank Santa Teresa Badajoz, Rayo Vallecano e EDF Logroño.

O Dépor ABANCA inicia a pretemporada o martes 21 de xullo pola tarde en Abegondo.