RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA recibe o reforzo de Peke, xa coa alta médica

Boas noticias para o Dépor ABANCA. O conxunto que prepara Manu Sánchez recibiu esta semana o reforzo de Peke. A pichichi branquiazul perdeuse os últimos encontros de liga na Primera Iberdrola debido a un proceso vírico que a mantivo afastada mesmo dos adestramentos.

Agora, coa alta médica e após varias sesións de traballo co grupo, Peke está a disposición de Manu Sánchez para recibir no Estadio ABANCA-RIAZOR ao Atlético de Madrid o domingo 22 de novembro ás 16:15 horas nun partido retransmitido en directo por Gol.

Así pois, a día de hoxe, só Kenni está de baixa médica, aínda que na recta final da súa recuperación.

En canto á presenza de #anosaforza este domingo nas bancadas, as condicións de acceso ao Estadio quedan pendentes de anunciar nas próximas horas en función da situación epidemiolóxica e as medidas sanitarias e sociais autorizadas.