O Dépor ABANCA regresa en autocar e adestrarase de novo o martes ás 17:00
Concluído o partido na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid Feminino, o Deportivo ABANCA emprende regreso en autocar á Coruña.
Manu Sánchez citou de novo ás súas futbolistas o martes 5 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo, nunha semana de parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais.