RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA regresou por estrada e adéstrase mañá luns en Abegondo

Finalizado o partido ante o Rayo Vallecano na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano, o Deportivo ABANCA emprendeu viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, citou aos seus futbolistas de novo en Abegondo mañá luns 1 de marzo ás 17:30 para unha nova sesión de adestramento.

Este mércores 3 de marzo hai partido ligueiro. O Deportivo ABANCA recibe en Abegondo ao Sporting Huelva (18:30, Vamos), en partido correspondente á 17ª xornada que foi aprazado o pasado 27 de xaneiro por un positivo de COVID-19 no conxunto andaluz.