RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA varía o seu plan semanal para dosificar a carga de traballo

30/07/2020 12:23

O Dépor ABANCA atópase na súa segunda semana de pretemporada, na que hai previstas 8 sesións de adestramento; repartidas entre Abegondo e Termaria Casa da Auga.

Nun principio, o corpo técnico dispuxo para hoxe xoves unha dobre sesión. Con todo, Lucía Piñeiro, preparadora física do equipo, optou por pasar o adestramento desta mañá, que ía desenvolverse en Termaria Casa da Auga, a mañá venres pola mañá co obxecto de dosificar a carga física do cadro branquiazul.

Así pois, a planificación semanal queda así definitivamente:

Luns 27 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa da Auga
18:00: Adestramento en Abegondo

Martes 28 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 29 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 30 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Venres 31 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa da Auga
18:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 1 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 2 de agosto
Descanso

A Primeira Iberdrola arrinca o 5 de setembro

O Dépor ABANCA arrincará a súa segunda temporada na Primeira Iberdrola o próximo 5 de setembro.

Serán un total de 18 equipos e 34 xornadas de competición até o 20 de xuño de 2021.

As rivais do conxunto que prepara Manu Sánchez serán: FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid, Valencia CF, Levante UD, Sevilla FC, Real Betis, RCD Espanyol, SD Eibar, Sporting Club de Huelva, Real Sociedad, Athletic Club, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife, Liberbank Santa Teresa Badaxoz, Rayo Vallecano e EDF Logroño.