RCD / NOVAS

O Dépor adéstrase de novo o mércores 22 en Abegondo

19/05/2019 23:35

Nada máis concluír o choque no Anxo Carro, o Deportivo regresa á Coruña.

José Luis Martí citou aos seus futbolistas o mércores 22 de maio ás 11:00 horas en Abegondo para arrancar a semana de adestramentos previa ao choque ante o Real Mallorca en ABANCA-RIAZOR, previsto para o luns 27 de maio (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Mañá luns e o martes haberá xornada de descanso para o primeiro equipo.