RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afina o punto de mira de cara ao choque deste domingo no Molinón

O Deportivo afinou esta mañá o punto de mira de cara ao encontro deste domingo 15 de setembro no Molinón ante o Sporting de Gijón (21:00 horas, GOL).

Juan Antonio Anquela dividiu ao cadro en dous grupos e dispuxo un exercicio de remates a portería no campo 3. Así, mentres un grupo completaba esa tarefa, o outro realizaba un exercicio táctico no campo 2.

Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Tiveron adestramento específico Borja Valle, Somma, Nolaskoain e Samuele Longo, estes dous últimos cunha parte tamén no campo. Faltou Gaku, que viaxa hoxe mércores de regreso após dous partidos con Xapón.

Os fabrilistas Mujaid, David Sánchez, Javi Sánchez, Gandoy, Boian e Valín estiveron esta mañá ás ordes de Anquela.

Mañá xoves, o Deportivo adestrarase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR, a partir das 10:30 horas.