RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrancou esta tarde a semana de adestramentos entre a sala de vídeo, o ximnasio e o céspede

O Deportivo arrancou esta tarde a semana de adestramentos previos ao partido deste domingo 20 de outubro (16:00 horas, #Vamos) ante o Málaga CF en ABANCA-RIAZOR.

Aínda sen os 4 internacionais (Gaku, Montero, Lampropoulos e Mollejo) e con 5 futbolistas con adestramento específico (David Simón, Somma, Koné, Luis Ruiz e Salva Ruiz, este cunha molestia nos isquiotibiais), Luis César contou neste primeiro día semanal cos fabrilistas Boian, Gandoy, Valín, Martí Vilà, Javi Sánchez e Bourdal.

Os futbolistas, baixo unha intensa choiva, realizaron no céspede rondos; unha tarefa de posesión; e, só para os que non actuaron de inicio ante a UD Las Palmas, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

A tarde comezou para todo o cadro na sala de vídeo e continuou no ximnasio cun exercicio de forza antes de saír ao campo.

Mañá mércores haberá dobre quenda: 10:30 e 17:00 horas, en ambos os casos na Cidade Deportiva.