RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrincará a competición en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF�UDS

O Deportivo iniciará a competición no subgrupo A de o grupo 1º de Segunda División B o 17 ou 18 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS, segundo o sorteo realizado esta mañá na sede da Real Federación Española de Fútbol.

Na segunda xornada (24 ou 25 de outubro) chega o primeiro partido ante un equipo galego. Será no Estadio Verónica Boquete de Santiago ante a SD Compostela.

Unionistas de Salamanca e Guijuelo, os outros 2 equipos salmantinos do subgrupo, serán as seguintes saídas para o Dépor, nas xornadas 3ª e 5ª.

Os pupilos de Fernando Vázquez pecharán en ABANCA-RIAZOR o 2020 ante o RC Celta B (12 ou 13 de decembro) e esta primeira fase ante o Zamora CF (20 e 21 de marzo de 2021).

Bases de competición

A competición desenvolverase en tres fases. Na primeira, o Dépor disputará 18 partidos en 18 xornadas no subgrupo A de o grupo 1º. O sistema será de dobre volta mediante o sistema de puntos.

Os 3 primeiros postos accederán á Segunda Fase para Segunda División, os clasificados do 4º ao 6º accederán á Segunda Fase para Primeira División RFEF e os clasificados do 7º ao 10º lugar, á Fase pola Permanencia en Segunda División RFEF. 

Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase, comezando cada equipo a súa fase específica cos puntos e goles obtidos na Primeira Fase.

Na Segunda Fase para Segunda División, os 3 primeiros do subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os 3 primeiros clasificados en cada grupo, ademais do 4º con mellor coeficiente de entre o cinco grupos, participarán no Play Off de Ascenso a Segunda División e os clubs restantes, non clasificados para a Fase Final de Ascenso, participarán na nova Primeira División RFEF na próxima temporada 2021-2022.

Por outra banda, na Segunda Fase para Primeira División RFEF participarán os clubs clasificados nos postos do 4º ao 6º do subgrupo A. Enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Os dous primeiros clubs clasificados (7º e 8º) de cada un dos grupos ascenderán á Primeira División RFEF, mentres os clubs restantes, que non obtiveron o ascenso, participarán na Segunda División RFEF na próxima temporada 2021-22.

Por último, na Segunda Fase pola permanencia participarán os clubs clasificados do 7º ao 10º do subgrupo A, que se enfrontarán a dobre volta aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Fase Regular. Configúrase, por tanto, nun total de 8 xornadas. 

Os clasificados nos postos do 4º ao 8º de cada grupo, ademais do clasificado no terceiro posto con peor coeficiente de entre todos os grupos, descenderán á Terceira División RFEF.  

terceira fase serán os Play Off de Ascenso a Segunda División, que se desenvolverá mediante o sistema de eliminatorias, a partido único. Participarán 16 clubs, isto é, os 3 primeiros clasificados, ademais do 4º con mellor coeficiente de entre o cinco grupos que disputaron a Fase de Ascenso para Segunda División.

Desenvolverase nunha sede única designada pola RFEF, en formato de concentración, e consta de dúas eliminatorias nas que os encontros se determinarán mediante sorteo, enfrontando aos que obtivesen mellor clasificación contra os que a obtiveron peor evitando, até onde for posible que se enfronten dous equipos que pertencesen ao mesmo grupo. 

En caso de empate na prórroga, será equipo gañador aquel que tivese mellor clasificación na Segunda Fase. Só poderá haber quenda de penaltis entre equipos que tiveron igual posto clasificatorio. Os 4 clubs vencedores da segunda eliminatoria ascenderán a Segunda División e os demais quedarán adscritos á nova Primeira División RFEF na próxima temporada 2021-2022.