RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor cóase na revista oficial da Champions League

O Deportivo coouse na revista oficial da Champions League correspondente aos meses decembro de 2019 e xaneiro e febreiro deste ano 2020.

Os responsables da publicación quixeron rememorar un dos partidos que pasaron á historia da competición, a remontada do Deportivo en ABANCA-RIAZOR ante a AC Milan que clasificou ao conxunto deportivista para as semifinais da edición 2003-04. En San Siro, os pupilos de Javier Irureta caeron 4-1. Na Coruña, o partido foi branquiazul: 4-0.

Para iso, elixiron a unha afeccionada deportivista, Carlota Leira, que narra en primeira persoa como se viviu aquela noite no estadio branquiazul.

Conta por exemplo o sprint dos xogadores branquiazuis camiño do vestiario nada máis pitar o árbitro o final do primeiro tempo, ao que se chegou con vantaxe do Dépor por 3-0, "coma se eles non quixesen parar".

Ademais, lembra que o encontro chegou 2 anos despois do famoso 'centenariazo' no Estadio Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, que supuxo a segunda Copa do Rei para o Deportivo.

A fotografía que ilustra o artigo non pode ser máis significativa: os branquiazuis Valerón, Sergio, Manuel Pablo e Víctor abrázanse ante a desolación do milanista Clarence Seedorf, último técnico que tivo o Deportivo en Primeira División, na Temporada 2017-2018.