RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor conclúe a semana a porta pechada

O primeiro equipo masculino, o único con actividade no Club a día de hoxe, adestrouse a porta pechada en Abegondo e puxo así fin a unha semana de traballo sen liga.

A mañá arrancou no vestiario cunha charla do doutor Carlos Lariño, xefe dos Servizos Médicos, para explicar unha serie de recomendacións básicas para protexerse contra o Covid-19, que obrigou a parar a competición polo menos as próximas 2 semanas.

Após un quecemento e rondos, Fernando Vázquez dispuxo de fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Un exercicio de finalizacións para os atacantes puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse á marxe do grupo Sabin Merino, Salva Ruiz, Eneko Bóveda, Montero e Dani Giménez.

Pola súa banda, os canteiráns Mujaid, Alberto, Juan Rodríguez e Boian estiveron hoxe co primeiro equipo.

A fin de semana será de descanso para o cadro.