RCD / NOVAS

O Dépor de LaLiga Genuine continúa a súa preparación cun amigable mañá ante o Sofán en Abegondo

25/10/2019 12:21

O Deportivo de LaLiga Genuine continúa preparando a primeira gran cita da temporada, a estrea de LaLiga Genuine 2019-2020 en Tarragona. Após as xornadas de adestramento desta semana tanto na Torre como en Abegondo, esta fin de semana toca partido amigable na Cidade Deportiva de Abegondo.

O rival dos futbolistas preparados por Lucía Otero será o conxunto carballés do Sofán a partir das 11:00 h. no campo de herba sintética.