O Dépor de LaLiga Genuine participou nunha charla sobre hábitos saudables na Fundación San Rafael
En virtude do convenio de colaboración entre a Fundación Real Club Deportivo e a Fundación IMQ San Rafael, o Dépor de LaLiga Genuine participou nunha charla sobre hábitos saudables titulada "aprende a comer ben para xogar mellor".
A charla, impartida polo Dr. Manuel Viso, da Fundación IMQ San Rafael, tivo lugar o pasado xoves na sede da institución coruñesa e nela participaron xogadoras, xogadores e familiares do equipo deportivista.