RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor disputa a xornada final de LaLiga Genuine esta fin de semana en Valencia

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine desprázase mañá venres 14 pola mañá a Valencia para participar na cuarta e última das xornadas desta competición organizada por LaLiga, que se celebrará esta fin de semana co Valencia CF como anfitrión.

Os 16 convocados para esta xornada de LaLiga Genuine son Andrés Manuel Barbeito, Gabriel Cives, Senén Fernández, Alejandro Gómez, Jesús Máximo González, Roi González, Alejandro Lugrís, Anxo Martínez, Javier Martínez, David Miranda, Alejandro Rey, Juan Andrés Taboada, Juan Agustín Torrens, Daniel Trasancos, Víctor Vales e Cristian Vázquez.

Nesta xornada final participarán os 30 equipos que conforman LaLiga Genuine.

Os xogadores branquiazuis adestran habitualmente dous días á semana, normalmente na Cidade Deportiva da Torre e en ocasións en Abegondo. Esta semana realizaron unha soa sesión preparatoria, o pasado martes nas instalacións municipais. Recentemente, o equipo deportivista disputou o I Torneo Genuine Club Torre, organizado con motivo do 90 aniversario do club arlequinado.

Este é o calendario de partidos do Dépor Genuine na Ciudad Deportiva de Paterna:

Sábado 15 de xuño
10:00: REAL VALLADOLIDi - RC DEPORTIVO
17:30: RC DEPORTIVO - CF REUS

Domingo 16 de xuño
11:00: ALAVÉS - RC DEPORTIVO