O Dépor e Pellicer, adestrador do Fabril, finalizan a súa relación de mutuo acordo
O Real Club Deportivo e Sergio Pellicer chegaron a un acordo para dar por concluída a etapa do técnico castellonenco á fronte do Fabril.
O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Sergio o seu traballo durante estes meses á fronte do filial deportivista, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.