RCD / NOVAS

O Dépor estreouse en Tarragona en LaLiga Genuine 2018-2019

19/11/2018 09:11

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine debutou esta fin de semana en Tarragona na primeira das xornadas desta competición organizada por LaLiga. Os xogadores branquiazuis recibiron a visita do presidente do Club, Tino Fernández, que quixo acompañalos na estrea da competición.

Os partidos do Dépor Genuine nas Instalacións de Fútbol Salou, disputados entre o sábado e o domingo, concluíron cos seguintes resultados:

RC Deportivo 1-3 Fundación Málaga CF Edi
Fundación Albacete 2-1 RC Deportivo
Girona FC 3-0 RC Deportivo

Após a cita de Tarragona, na que participaron os 30 equipos de LaLiga Genuine, o calendario continuará con 3 fases máis, unha delas na Cidade Deportiva de Abegondo:

2ª Fase (15 equipos):
Data: 18 - 20 Xaneiro
Lugar: Córdoba
Club anfitrión: Córdoba CF

2ª Fase (15 equipos):
Data: 1 - 3 Febreiro
Lugar: A Coruña (Cidade Deportiva de Abegondo)
Club anfitrión: RC Deportivo

3º Fase (15 equipos):
Data: 5 - 7 Abril
Lugar: Madrid
Club anfitrión: Rayo Vallecano

3ª Fase (15 equipos):
Data: 26 - 28 Abril
Lugar: Los Ángeles de San Rafael (Segovia)
Club anfitrión: Club Atlético de Madrid

4º Fase (30 equipos):
Data: 14 -16 Xuño
Lugar: Valencia
Club anfitrión: Valencia CF